ALICIA PARA AS MINCHIÑAS

En 1890 sae do prelo o The Nursery Alice, onde Lewis Carroll adaptaba á inmortal Alicia ao universo das minchiñas de 0 a 5 anos.
Disque Carroll decidiu facer isto porque, no seu costume de agasallar co libro orixinal á cativada amiga súa, se decatou de que as nenas e os nenos máis pequechos non o daban gozado igual que os maiores. Nas súas palabras, el quería que minchiñas “folleen o meu libro, que o soben, que o engurren, que pasmen con el, que lle dean bicos”.

Lewis Carroll quería un libro vivido e nós ofrecémoslles ás nenas e nenos de entre 0 e 999 anos o libro vivo, recitante, cantante, brincadeiro.

Alicia, o Coello Branco, o Sombreireiro Tolo, etc. saen das páxinas para pasar a tarde coas minchiñas e tomar té con contos.

ALICIA PARA AS MINCHIÑAS é un espectáculo de poesía, xogo e música cunha duración de 45 minutos para crianzas a partir de 10 anos ofrecido pola compañía compostelá de artes escénicas A Feroz.

Para xogarmos en interior precisamos só dun espazo diáfano con boa acústica e asentos cómodos para as crianzas (que en todo momento estarán acompañadas pola/s persoa/s adulta/s que veña/n con elas); e amplificación de audio se é que a actividade se vai realizar en exterior.

TEASER

GALERÍA

FICHA TÉCNICA

ELENCO  /  Inés Salvado e  Lorena Conde
ADAPTACIÓN E DIRECCIÓN  /  Lorena Conde
MÚSICA /  Inés Salvado
ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO /  A Feroz
PRODUCCIÓN  E DISTRIBUCIÓN/  A Feroz

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies