DO PRACER E DA MORTE

Do pracer e da morte conforma unha radiografía inevitablemente parcial, mais con vocación universalizadora, da humanidade ante as dúas grandes ansias da súa existencia: a satisfacción das paixóns e a fraxilidade da vida.
Transitamos entre os clarescuros da peste e o amor; sempre á procura dun lugar propio e de mans que nos dean acougo. E o teatro é para A Feroz unha metáfora dese territorio e contén, probablemente, máis verdade ca el mesmo.
O pracer, o desacougo, o medo, a morte, a ausencia de certezas sólidas, a co-habitación nun planeta que se acaba con outros seres igual de fráxiles e incompletos… En definitiva, a ausencia de finalidade, sobrevoa un traballo cuxos puntais movedizos son a experiencia propia e as versións destes asuntos que outrxs achegaron e achegan ao tema.
Máis unha vez, os modos de facer d’A Feroz levan a que o traballo físico, a composición da música e mais a escrita do texto se inicien e evolucionen ao tempo.
Mentres os nosos corpos indagan nas dualidades gozo/dor, fe/desesperanza, virtude/vicio, etc. a palabra transita por unha ponte que une referencias e elementos dos derradeiros sete séculos coa nosa percepción actual do gozo e a caducidade.

DO PRACER E DA MORTE é, en esencia, un tríptico cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos de Boccaccio, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa na nosa existencia plana de humanxs brancxs occidentais e parcialmente desclasadxs.

DO PRACER E DA MORTE é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

GALERÍA

ESPAZO SONORO /

Manuel Abraldes

FICHA TÉCNICA

ELENCO  /  Inés Salvado, Diego Salgado, Gustavo Freire e Bea Romero
TEXTO, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN ARTÍSTICA  /  Lorena Conde
DIRECCIÓN DE ESCENA  /  Borja Fernández
VESTIARIO  /  A Feroz e Montse Piñeiro
ESPAZO SONORO  /  Manuel Abraldes
ESCENOGRAFÍA E UTILERÍA /  Montse Piñeiro e Jose Faro
ILUMINACIÓN  /  Montse Piñeiro e Jose Faro
FOTOGRAFÍA  /  Lucía Estévez e Montse Piñeiro
VÍDEO / Mika Audiovisual
PRODUCIÓN  /  Manuel Antonio Castro
DISTRIBUCIÓN  /  O Cesto Cultural e A Feroz

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies