AFTERPARTY

Tiñan a festa preparada, dicían. Era para ti.
Esfórzaste. Merécela. A que che están montando vai ser de traca. Hai de todo. E gratis. Sae Coca-Cola das billas e non se sofre. A festa non é para calquera. Ti non es calquera. Es primeiro mundo ti! Está todo previsto. Estancha a preparar a forza de levantarse ás sete, seis días á semana, corenta e oito semanas ao ano, ano tras ano. Todo para ti, para que disfrutes, teñas o que non tiveron, para que chegues a onde non chegaron.

Dende 1975 xuróusenos cada 22 de xuño que se as notas non baixaban ao ano seguinte, se non nos metiamos en drogas e non nos xuntabamos con malas compañías estaba todo feito. Que o que nos agardaba era a ostia, todo a estrear, novo de paquete, con acabados de luxe.
Mais non é.

Pero agora chegamos e, xa que estamos aquí, ímola montar.

AFTERPARTY é unha festa, un artefacto escénico no que a letra, a música, o espazo e o corpo medran á vez nun proceso de creación interdisciplinar. Unha peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e das preguntas que se fai unha xeración que ten a sospeita de que chegou tarde a todo.

GALERÍA

ESPAZO SONORO /

Manuel Abraldes

FICHA TÉCNICA

ELENCO  /  Inés Salvado, Lolo Castro, Gustavo Freire e Bea Romero
TEXTO E DRAMATURXIA  /  Lorena Conde
DIRECCIÓN  /  Lorena Conde
VESTIARIO  /  A Feroz
ESPAZO SONORO  /  Manuel Abraldes
ESCENOGRAFÍA  /  Álvaro Lg. Mallo e Cecilia Castro dos Santos
ASESORÍA DE MOVEMENTO  /  Fiona B. McCudden
ILUMINACIÓN  /  A Feroz
FOTOGRAFÍA  /  Tamara de la Fuente
PRODUCIÓN  /  A Feroz
DISTRIBUCIÓN  /  A Feroz

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies