INÉS SALVADO

Actriz, cantante.

Licenciada en comunicación audiovisual na USC, especialidade en guión e dirección.

Graduada na escola de Artes e Oficios Mestre Mateo en Fotografía Artística e posteriormente en interpretación na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto.

Foi membro do Coro da Rá e actualmente, do Coro Encaixe, gañador do concurso televisivo Oh Happy Day! e dos Premios Martín Códax da Música no 2018.

É tamén integrante do grupo DE VACAS, galardoado nos Premios da Música Martín Códax en 2016 e premiado na II edición do Festival Territorio Violeta na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo no 2018.

Dende o 2006 vén estando vencellada coas artes escénicas en grupos universitarios como Enlata Teatro e posteriormente co-funda a compañía de teatro amador Farrapo Teatro, formando parte do espectáculo Frío, premiado no X Festival Internacional de Teatro Cale-se (portugal) ao Mellor Espectáculo, á Mellor dirección, ao Mellor espazo sonoro, ao Mellor vestiario e Mellor escenografía.

Actualmente traballa na compañía profesional A FEROZ, coa que participa como actriz nos espectáculos Afterparty, Santa Inés e Do pracer e Da morte.

​No 2020 e 2021 traballa como actriz no Centro Dramático Galego (CDG) na peza O Charco de Ulises.

É a muller máis forte do mundo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies