Como profesionais das artes escénicas, o traballo de por en pé un espectáculo tan complexo debería ter sido xa esforzo abondo; mais, como mulleres, como cidadás críticas, as preguntas que prenderon en nós durante o proceso de montaxe de Santa Inés déixannos un proído, unha necesidade de afondar nos seus aspectos máis complexos abordados, necesariamente, dende a perspectiva de xénero.
Pensamos que esta necesidade de afondar e compartir as preguntas non é únicamente nosa. Estamos convencidas de que, xa que a circustancia de ser mulleres occidentais, precarizadas e educadas nunha cultura cristiá fondamente patriarcal non é exclusivamente nosa, moitas outras mulleres se estarán cuestionando as mesmas cousas.
E é con elas, e por extensión, coa cidadanía ao completo, que queremos poñer en común as nosas inquedanzas.